Nós

Etel Bande

(Garabelos, Ourense.)

A primeira metade, o responsable de que todo estea rico rico. Politólogo, gaiteiro, fotógrafo e viaxeiro. No noso local temos un cartel que di: we speak english, falamos galego e portugués, mluvíme česky a rozumime slovensky, pričamo bosanski, hrvatski i srpski … and we smile
Sí, Etel fala todos eses idiomas! 😉

O seu blog persoal é etelbande.com.

&

Palmira Castro

(Sardiñeiro, Fisterra.)

A segunda metade, a responsable de imaxinar e crear todo o bonito de etel&pan, da tenda ultramarina. Cuarta xeración da familia Lestón, que rexentan o restaurante centenario máis antigo de Costa da Morte. Educadora Social, compatibiliza etel&pan co seu proxecto persoal de artesanía e educación mimadriña.com.