Felices Cestas
para o nadal e outras ocasións.
100% PRODUTO GALEGO / 100% PEQUENOS PRODUTORES / 100% RIQUIÑO
Na nosa tenda ultramarina podes mercar unha selección de produtos galegos, ecolóxicos, elaborados con agarimo por pequenas empresas amigas: conservas, viños, licores, cervexas artesás, infusións, mel, doces e ata a nosa propia cervexa A Fisterrana.
Podes encargar a cesta chamando no teléfono +34 606216152, por Whatsapp ou correo a etelandpan@gmail.com e organizámolo.
Podes engadir unha mensaxe bonita na postal, solicitar factura ou darnos indicacións para o envío cando engadas ó carriño.
Envíos nacionais (excepto Canarias) Correos express 6,5 €.
Entrega en domicilio gratuita nos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía, Dumbría e Carnota.
Se prefires tamén podemos facer unha cesta personalizada axustándonos os teus gustos e presuposto,
Etel & pan presenta unha ampla variedade de cestas e caixas divertidas e riquiñas, perfectas para agasallar. Todas van preparadas con material de recheo para que cheguen ao seu destino en perfectas condicións e bonitos empaquetados, con lazo, postal e acivro da nosa propia horta.