Enviando...
Imaxe para A cesta Casa chea

A cesta Casa chea

174 €


a nosa cesta máis grande, moi grande, unha auténtica despensa galega


Se hai unha cesta que o ten case todo, é esta! O CAPAZO é a nosa proposta máis grande e completa, unha selección extraordinaria de produtos locais, elaboracións artesás e pequenos tesouros gastronómicos que representan a esencia de Etel&Pan.


Unha auténtica despensa da nosa pequena tenda ultramarina, reunida nun enorme capazo de esparto que é, por si mesmo, un agasallo.


E cando desfrutes de todo o que leva dentro, o capazo seguirá tendo mil vidas: perfecto para gardar a leña, as piñas, os madeiros, as mantas ou mesmo o edredón. Unha peza ampla, práctica, bonita e reutilizable.

 inclúe:

  • Enorme capazo de esparto, decorado con acivro da nosa propia horta e postal de Nadal para engadir unha mensaxe especial.
  • A nosa cervexa artesá Fisterrana, elaborada con identidade propia.
  • Botella de viño Birimbao, para gozar dunha boa copa.
  • Botella de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro, un viño da nosa terra.
  • Mini marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira.
  • Marmelada ecolóxica de froitas de Baronceli.
  • Chocolate doce Bagoa, a escoller entre améndoas, sal do Himalaia ou 85 % de cacao.
  • Caixa de 24 chocolatinas variadas Merry Christmas de Orgániko, 
  • Delicias de coco de Namoreiras.
  • Galletas Mariñeiras, perfectas para acompañar os patés e as conservas.
  • Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, para gozar dun momento de calma.
  • Turrón de Massaxuxes, a escoller entre Xixona ou Alacante.
  • Mel negra de Bandua (200 g), un produto especial para descubrir novos sabores.
  • Chocolate Bonilla, un clásico para os amantes do chocolate.
  • Licor Zirall, a escoller entre licor de herbas ou licor café.
  • Vermú vermello Sardino, perfecto para preparar un bo aperitivo.
  • Paté de nécora, de O Submarino.
  • Paté de centola, de O Submarino.
  • Mexillóns en escabeche de Catrineta, unha conserva con todo o sabor do mar.
  • Chourizo de porco celta de Cien por Cel, un produto galego con sabor á tradición.
  • Queixo Cagiao, imprescindible nunha boa táboa gastronómica.
  • Cervexa artesá Foliada de Alé-Alé, para completar esta selección de bebidas con personalidade.

Unha colección de sabores doces e salgados, produtos galegos, conservas mariñeiras, viños, cervexas artesás e elaboracións de pequenos produtores.


O CAPAZO é moito máis ca unha cesta de Nadal: é unha pequena ultramarinos galega para levar á casa, compartir e desfrutar.


Un agasallo extraordinario para quen merece algo realmente especial.


Etel&Pan. Produtos con orixe, agasallos con historia e moito sabor galego.

Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico

Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo: A cesta Casa chea · 174 €

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Lonxitude máxima: 2.000 caracteres.

Lonxitude máxima: 500 caracteres

Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.

Servizos adicionais
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.

Opcións de envío