Cando nos preguntan que é Etel&pan dicimos:
non é un restaurante, nin un café, non é unha bocatería nin tampouco unha tenda gourmet, máis todo isto podería ser.
Podería ser máis moderno ou mais tradicional, máis é coma é. Podería ser mais grande, pero é pequeno de máis. Podería explicarse máis breve, pero así non é.
Etel&pan é un minúsculo espazo que só ten sentido con nós, Etelvino & Palmira e todo o que nos rodea: os produtos de calidade que con amor e coidado se fan nesta terra, o pan artesá dos amigos e veciños Panadería Germán como protagonista, a carne de cachena das hamburguesas, os queixos, os viños, a nosa cervexa fisterrana, a limonada dos limóns da horta, as conservas, os postres... a clientela de tódolos recunchos do mundo, a idiosincrasia fisterrá, a boa música, a boa conversa, a vida.