Enviando...




Caixa O Facho
44,70 €Hai agasallos que falan por si sós. A caixa O Facho é unha proposta gourmet pensada para empresas que queren agradecer, sorprender e agasallar con produtos auténticos, de proximidade e con identidade galega.
Unha selección de sabores tradicionais, pequenos produtores e elaboracións artesás, presentada nunha caixa lista para regalar. Porque os detalles tamén contan!
Esta caixa de Nadal inclúe:
- Caixa de agasallo decorada, con lazo, material de recheo, acivro da nosa propia horta e postal.
- Chourizos de porco celta de Cien por Cel, un produto galego con todo o sabor da tradición.
- Queixo Cagiao, perfecto para gozar dunha boa táboa de produtos da nosa terra.
- Turrón de Alacante ou de Xixona de Massaxuxes, un clásico imprescindible do Nadal.
- Caixa de 24 chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, pequenos caprichos doces para celebrar estas datas.
- Mariñeiras, ideais para acompañar os produtos salgados.
- Licor Zirall en formato pequeno, a escoller entre licor de herbas ou licor café.
- Sardiñas en aceite de oliva 6/8 de Catrineta, un auténtico sabor da gastronomía mariñeira galega.
O agasallo perfecto para empresas que queren regalar ben, sen sairse do presuposto, apostar polo local e deixar un bo sabor de boca.
En Etel&Pan preparamos agasallos de Nadal para empresas con produtos seleccionados con agarimo, coidando cada detalle para que só teñas que entregalos e sorprender.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Caixa O Facho ·
44,70 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.