Enviando...
Imaxe para Cesta Costa da Morte

Cesta Costa da Morte

129 €

 Cesta Costa da Morte: un auténtico festín de sabores galegos 🎄


Unha cesta para sorprender ó grande!


A súa gran cesta de esparto, ampla, resistente e reutilizable, convértea nun agasallo dobre: primeiro, para gozar de todo o que leva dentro e, despois, para seguir utilizándoa nas escapadas á praia, nos paseos ou no día a día.


Esta cesta inclúe:

  • Cesta grande de esparto, ampla e reutilizable, decorada cun lazo e acivro da nosa propia horta.
  • Caixa de 24 chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, pequenos caprichos doces para celebrar o Nadal.
  • Botella de viño tinto Birimbao.
  • Botella de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro.
  • A nosa cervexa artesá Fisterrana, elaborada para os amantes dos sabores con identidade propia.
  • Galletas Mariñeiras, ideais para acompañar conservas e patés.
  • Folerpas de coco de Namoreiras, un delicioso bocado doce.
  • Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, perfecta para os momentos de calma do inverno.
  • Paté de O Submarino, a escoller entre centola ou nécora, con todo o sabor do mar.
  • Conserva de sardiñas en aceite de oliva 16/20 de Catrineta, un clásico da gastronomía mariñeira galega.
  • Mexillóns en escabeche de Catrineta, unha conserva deliciosa e chea de carácter.
  • Turrón ecolóxico de Massaxuxes, a escoller entre Alacante ou Xixona.
  • Marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira, un toque galego orixinal e sorprendente.
  • Marmelada ecolóxica de froitas de Baronceli, para gozar dos sabores máis naturais.
  • Mel negra do Xurés (1 kg), un produto especial da nosa terra.
  • Chourizos Bravos de Cien por Cel, para os amantes dos sabores tradicionais.
  • Queixo Cagiao, perfecto para completar unha boa táboa de produtos galegos.
  • Postal de Nadal, para engadir unha mensaxe bonita e facer o agasallo aínda máis persoal.

Unha cesta gourmet de gran formato, chea de produtos locais, elaboracións artesás e sabores auténticos de Galicia. Un agasallo pensado para compartir, celebrar e sorprender a quen máis queres.


Moito máis ca unha cesta de Nadal: un anaquiño de Galicia para gozar e compartir.

Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico

Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo: Cesta Costa da Morte · 129 €

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Lonxitude máxima: 2.000 caracteres.

Lonxitude máxima: 500 caracteres

Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.

Servizos adicionais
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.

Opcións de envío