Enviando...
Imaxe para Cesta Fisterra

Cesta Fisterra

43,95 €

Cesta FISTERRA: o sabor de Galicia que conquista desde 2015 🍻


A nosa cesta máis vendida desde 2015! Un clásico de Etel&Pan que ano tras ano conquista os padais dos que buscan un agasallo especial, con auténtico sabor galego.


A cesta FISTERRA é unha deliciosa selección de produtos locais, conservas mariñeiras e elaboracións artesás, perfecta para sorprender este Nadal.


Esta cesta de Nadal inclúe:

  • Cesta de esparto, decorada cun lazo e acivro da nosa propia horta.
  • Dúas cervexas artesás galegas: a nosa Fisterrana e Foliada, de Alé-Alé. Dúas propostas diferentes para brindar e celebrar.
  • Paté de nécora ou de centola de O Submarino, un bocado exquisito con sabor a mar.
  • Marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira, un toque galego orixinal e sorprendente.
  • Conserva de xoubas en aceite de oliva 16/20 de Catrineta, un auténtico tesouro da gastronomía mariñeira.
  • Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, para gozar dun momento acolledor.
  • Mariñeiras ecolóxicas, ideais para acompañar os patés e conservas.
  • Postal de Nadal, para engadir unha mensaxe bonita e facer o agasallo aínda máis especial.

Unha cesta gourmet con produtos galegos, sabores auténticos e moito agarimo. 


Desde 2015, un dos nosos agasallos máis queridos. E por algo será!

Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico

Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo: Cesta Fisterra · 43,95 €

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Lonxitude máxima: 2.000 caracteres.

Lonxitude máxima: 500 caracteres

Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.

Servizos adicionais
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.

Opcións de envío