Enviando...





Cesta Pousadoiro
57,45 € A cesta POUSADOIRO combina produtos galegos, conservas mariñeiras, doces tradicionais e unha botella de viño branco do Ribeiro. Unha selección pensada para sorprender aos amantes da boa gastronomía.
Esta cesta de Nadal inclúe:
- Cesta mediana de esparto, decorada cun lazo, material de recheo e postal para acompañar a túa mensaxe.
- Mexillóns en escabeche picante de Catrineta, unha conserva con carácter e auténtico sabor mariñeiro.
- Sardiñas en aceite de oliva (6/8 pezas), un clásico da gastronomía galega para gozar en boa compañía.
- Caixa de 24 chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, un doce capricho para celebrar o Nadal.
- Turrón de Xixona ou de Alacante de Massaxuxes, un imprescindible destas datas.
- Marmelada ecolóxica de froitas de Baronceli.
- Botella de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro.
- Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, ideal para os momentos de calma do inverno.
- Mariñeiras, perfectas para acompañar as conservas e preparar un delicioso aperitivo.
Unha cesta gourmet con produtos locais, conservas galegas e sabores artesáns, preparada con agarimo para facer do Nadal un momento especial.
Regala Galicia, comparte bos sabores e brinda cos pequenos praceres da vida.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cesta Pousadoiro ·
57,45 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.