Enviando...



Cestiña Mallas
23,25 €Cestiña doce de Nadal 🎄
Un pequeno agasallo cheo de sabor, natureza e espírito do Nadal.
Esta cestiña inclúe:
- Cestiña de esparto artesanal, decorada cun lazo e acivro da nosa propia horta.
- Marmelada ecolóxica de froitas Baronceli.
- Caixa de 24 chocolatinas ecolóxicas Merry Christmas de Orgániko.
- Infusións ecolóxicas de Orballo, para acompañar os momentos de calma e benestar.
Un detalle especial, coidado ata o último detalle, para regalar sabor, agarimo e un anaquiño de natureza este Nadal.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cestiña Mallas ·
23,25 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.