Enviando...
Imaxe para Cestiña Sardiñeiro

Cestiña Sardiñeiro

33,10 €

A cesta SARDIÑEIRO é un bonito e delicioso agarimo para sorprender este Nadal. Unha selección de produtos galegos, sabores do mar e pequenos caprichos doces, perfecta para quen goza da boa gastronomía e dos produtos de proximidade.


Esta cesta de Nadal inclúe:

  • Cesta pequena de esparto, decorada cun lazo e acivro da nosa propia horta.
  • Cervexa artesá Fisterrana, para brindar cun auténtico sabor Fisterrá.
  • Sardiñas en aceite de oliva 16/20 de Catrineta, un clásico da nosa gastronomía mariñeira.
  • Paté de centola ou de nécora de O Submarino, un bocado delicioso con todo o sabor do mar.
  • Caixa de 24 chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, para poñer a nota máis doce.
  • Mini marmelada de pementos de Padrón, un toque orixinal e sorprendente.
  • Mariñeiras ecolóxicas, perfectas para acompañar os patés.
  • Postal de Nadal, para engadir unha mensaxe bonita e persoal.

Unha cesta de Nadal con identidade propia, chea de produtos galegos, sabores artesáns e pequenos tesouros da nosa terra. Un agasallo orixinal para compartir, brindar e gozar do mellor de Galicia.


Porque hai agarimos que saben aínda mellor cando teñen sabor daiquí.

Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico

Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo: Cestiña Sardiñeiro · 33,10 €

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Lonxitude máxima: 2.000 caracteres.

Lonxitude máxima: 500 caracteres

Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.

Servizos adicionais
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.

Opcións de envío