Enviando...
Imaxe para Caixa Cabo da Nave

Caixa Cabo da Nave

56.05 €
Caixa CABO DA NAVE: agasallos de empresa con auténtico sabor galego


Un agasallo especial para empresas que queren sorprender con produtos de calidade, apostar polo local e agradecer a confianza dos seus clientes, colaboradores ou equipos.


A caixa CABO DA NAVE é unha selección gourmet de produtos galegos, elaboracións artesás e sabores auténticos, presentada con todo o coidado para converter cada agasallo nun detalle memorable.


Esta caixa de Nadal inclúe:

  • Caixa decorada con lazo, accesorios de recheo e postal, preparada para regalar.
  • Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, perfecta para gozar dun momento de calma.
  • Delicias de coco e chocolate de Namoreiras, un doce capricho para os amantes do chocolate.
  • Turrón ecolóxico de Xixona ou de Alacante de Massaxuxes, un clásico imprescindible do Nadal.
  • Mexillóns en escabeche de Catrineta, todo o sabor da gastronomía mariñeira galega.
  • Licor Zirall, a escoller entre licor de herbas, crema ou licor café.
  • Mel Delicia Negra de Bandua (250 g), un produto especial para descubrir unha mel única e excepcional.
  • Botella de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro.
  • A nosa cervexa artesá Fisterrana, elaborada para quen aprecia os sabores con identidade propia.
  • Marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira, un toque galego orixinal e sorprendente.

Unha caixa gourmet que reúne o mellor dos produtos locais, pequenos produtores e elaboracións artesás. Un agasallo de Nadal diferente para empresas que valoran a proximidade, a calidade e os detalles con significado.


Este Nadal, agradece, sorprende e agasalla con sabor galego.


En Etel&Pan creamos agasallos de empresa con identidade propia, pensados para pequenas empresas que queren regalar cousas boas e deixar pegada.

Place an order through WhatsApp, phone or email

You can also place an order filling in the form:
Your order: Caixa Cabo da Nave · 56.05 €

Required

Required

Required

Required

Max length: 2.000 characters.

Max length: 500 characters

Buy or order our gourmet baskets:
You can also place your order by calling +34 606 216 152, sending a message on WhatsApp or writing to etelandpan@gmail.com. We will organise everything so that you can collect your basket or get it delivered wherever you indicate.

Additional services
Would you prefer us to ship it?
We will take care of everything: shipping, packaging and ensuring that each basket reaches its destination in perfect condition. All are prepared with filling material, carefully packaged, decorated with a bow and accompanied by a postcard.

Shipping