Enviando...





Caixa Cabo da Nave
56,05 €Caixa CABO DA NAVE: agasallos de empresa con auténtico sabor galego
Un agasallo especial para empresas que queren sorprender con produtos de calidade, apostar polo local e agradecer a confianza dos seus clientes, colaboradores ou equipos.
A caixa CABO DA NAVE é unha selección gourmet de produtos galegos, elaboracións artesás e sabores auténticos, presentada con todo o coidado para converter cada agasallo nun detalle memorable.
Esta caixa de Nadal inclúe:
- Caixa decorada con lazo, accesorios de recheo e postal, preparada para regalar.
- Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, perfecta para gozar dun momento de calma.
- Delicias de coco e chocolate de Namoreiras, un doce capricho para os amantes do chocolate.
- Turrón ecolóxico de Xixona ou de Alacante de Massaxuxes, un clásico imprescindible do Nadal.
- Mexillóns en escabeche de Catrineta, todo o sabor da gastronomía mariñeira galega.
- Licor Zirall, a escoller entre licor de herbas, crema ou licor café.
- Mel Delicia Negra de Bandua (250 g), un produto especial para descubrir unha mel única e excepcional.
- Botella de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro.
- A nosa cervexa artesá Fisterrana, elaborada para quen aprecia os sabores con identidade propia.
- Marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira, un toque galego orixinal e sorprendente.
Unha caixa gourmet que reúne o mellor dos produtos locais, pequenos produtores e elaboracións artesás. Un agasallo de Nadal diferente para empresas que valoran a proximidade, a calidade e os detalles con significado.
Este Nadal, agradece, sorprende e agasalla con sabor galego.
En Etel&Pan creamos agasallos de empresa con identidade propia, pensados para pequenas empresas que queren regalar cousas boas e deixar pegada.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Caixa Cabo da Nave ·
56,05 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión ou entregas voluminosas para empresas que entregamos persoalmente.