Enviando...
Imaxe para Caixa O Facho

Caixa O Facho

44,70 €

Hai agasallos que falan por si sós. A caixa O Facho é unha proposta gourmet pensada para empresas que queren agradecer, sorprender e agasallar con produtos auténticos, de proximidade e con identidade galega.


Unha selección de sabores tradicionais, pequenos produtores e elaboracións artesás, presentada nunha caixa lista para regalar. Porque os detalles tamén contan!


Esta caixa de Nadal inclúe:

  • Caixa de agasallo decorada, con lazo, material de recheo, acivro da nosa propia horta e postal.
  • Chourizos de porco celta de Cien por Cel, un produto galego con todo o sabor da tradición.
  • Queixo Cagiao, perfecto para gozar dunha boa táboa de produtos da nosa terra.
  • Turrón de Alacante ou de Xixona de Massaxuxes, un clásico imprescindible do Nadal.
  • Caixa de 24 chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, pequenos caprichos doces para celebrar estas datas.
  • Mariñeiras, ideais para acompañar os produtos salgados.
  • Licor Zirall en formato pequeno, a escoller entre licor de herbas ou licor café.
  • Sardiñas en aceite de oliva 6/8 de Catrineta, un auténtico sabor da gastronomía mariñeira galega.


O agasallo perfecto para empresas que queren regalar ben, sen sairse do presuposto, apostar polo local e deixar un bo sabor de boca.


En Etel&Pan preparamos agasallos de Nadal para empresas con produtos seleccionados con agarimo, coidando cada detalle para que só teñas que entregalos e sorprender.

Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico

Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo: Caixa O Facho · 44,70 €

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Obrigatorio

Lonxitude máxima: 2.000 caracteres.

Lonxitude máxima: 500 caracteres

Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.

Servizos adicionais
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.

Opcións de envío