Enviando...





Cesta Birimbao
75,20 €Cesta BIRIMBAO: a esencia de Ourense nun agasallo 🍂
A cesta BIRIMBAO é a elección perfecta para quen adora o outono, os sabores auténticos e os produtos con identidade propia. Unha viaxe gastronómica pola provincia de Ourense a través dunha selección de produtos locais, elaboracións artesás e pequenos praceres para gozar sen présa.
Esta cesta de Nadal inclúe:
- Cesta de esparto mediana, con lazo, acivro da nosa propia horta e postal de Nadal.
- Mel negra Bandua (500 g), un produto especial para descubrir os sabores máis auténticos de Bande.
- Viño Birimbao de Razamonde, unha proposta para brindar e gozar da tradición vitivinícola do Ribeiro.
- Licores Zirall de Allariz: unha botella de licor de herbas, crema de oruxo ou licor café, tres sabores para os amantes dos licores tradicionais.
- Chourizos de porco celta de Cien por Cel,de Cenlle, un produto con identidade galega e todo o sabor da tradición.
- Queixo Cagiao, perfecto para completar unha boa táboa de produtos galegos.
- Chocolate Bonilla, un clásico doce que nunca falla.
- Turrón de Alicante ou de Xixona de Massaxuxes, para poñerlle o toque máis tradicional e doce ao Nadal.
Unha cesta gourmet con produtos galegos, sabores tradicionais e auténticos tesouros de Ourense. Un agasallo de Nadal diferente, pensado para sorprender a quen valora a orixe, a calidade e o bo facer dos pequenos produtores.
Porque regalar BIRIMBAO é regalar un anaquiño de Ourense.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cesta Birimbao ·
75,20 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.