Enviando...




Cesta Corveiro
60,75 €Unha cesta especial para sorprender este Nadal cunha deliciosa selección de produtos galegos, sabores artesáns e doces para gozar sen présa. Unha combinación de gastronomía local, produtos ecolóxicos e pequenos caprichos, preparada con todo o agarimo de Etel&Pan.
Esta cesta de Nadal inclúe:
- Cesta artesanal mediana de esparto, decorada con material de recheo, acivro da nosa propia horta e postal para engadir unha mensaxe especial.
- Delicias de coco de Namoreiras, pequenos bocados doces para gozar en calquera momento.
- Turrón de Alacante ou de Xixona de Massaxuxes, un clásico imprescindible do Nadal.
- Caixa de chocolatinas Merry Christmas de Orgániko, 24 pequenos caprichos para celebrar estas datas.
- Sardiñas en aceite de oliva 6/8 de Catrineta, todo o sabor da tradición mariñeira galega.
- Botella pequena de viño branco Pousadoiro, D.O. Ribeiro, perfecta para brindar e acompañar unha boa mesa.
- Marmelada de pementos de Padrón de A Pementeira, un toque galego orixinal e sorprendente.
- Infusión ecolóxica de Nadal de Orballo, para gozar dun momento acolledor.
- A nosa cervexa artesá Fisterrana, unha cervexa con identidade propia e sabor galego.
- Chocolate doce Bagoa, a escoller entre chocolate con améndoas, 85 % de cacao ou sal do Himalaia.
Unha cesta gourmet con produtos locais, elaboracións artesás e unha mestura de sabores doces e salgados que fan de cada momento unha pequena celebración.
Un agasallo de Nadal orixinal, preparado con agarimo e cheo de detalles para sorprender a quen máis queres.
Este Nadal, regala pequenos praceres, produtos auténticos e moito sabor galego.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cesta Corveiro ·
60,75 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.