Enviando...





Cesta de vimbio boca do rio
60,50 €Cesta VERMÚ & VIMBIO: artesanía galega para gozar dos pequenos praceres 🍂
Un agasallo con encanto, feito para sorprender e seguir desfrutando del moito despois de abrilo.
Esta cesta de vimbio, elaborada artesanalmente en Galicia, é moito máis ca un envoltorio: é unha peza bonita, práctica e reutilizable, perfecta para saír apañar cogomelos, recoller castañas, levar flores ou organizar unha merenda ou un vermú ao aire libre.
E para completar a experiencia, acompañámola dunha selección de produtos gourmet galegos e detalles feitos por nós mesmos, coidando cada pequeno detalle.
Esta cesta inclúe:
- Cesta artesanal de vimbio feita en Galicia, reutilizable e perfecta para acompañarte nas túas escapadas e momentos especiais.
- Acivro da nosa propia horta, un toque natural que lle dá un encanto especial.
- Mantel individual de cadros Vichy vermello, elaborado por nós mesmos, para poñer unha nota artesanal e acolledora aos teus aperitivos.
- Postal, para engadir unha mensaxe bonita e persoal.
- Vermú vermello Sardino, ideal para preparar un aperitivo con sabor e personalidade.
- Mariñeiras, perfectas para acompañar os patés e preparar un delicioso petisco.
- Dous patés de O Submarino: un de centola e outro de nécora, dúas delicias con auténtico sabor a mar.
- Mexillóns picantes de Catrineta, unha conserva galega con carácter, perfecta para os amantes dos sabores mariñeiros.
Un agasallo diferente que combina artesanía galega, produtos locais, gastronomía de calidade e pequenos detalles feitos con agarimo.
Unha cesta para reutilizar, compartir e gozar. Porque os mellores momentos adoitan comezar arredor dunha boa mesa.
Regala artesanía, comparte un vermú e leva contigo un anaquiño de Galicia.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cesta de vimbio boca do rio ·
60,50 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.