Enviando...





Cesta vimbio monte pindo
62 €Cesta MONTE PINDO: unha merenda con sabor a Galicia
🌿
A cesta MONTE PINDO está pensada para quen goza da natureza, das escapadas ao monte e dunha boa merenda con produtos auténticos da nosa terra.
Unha cesta de vimbio elaborada artesanalmente en Galicia, reutilizable e perfecta para levar de paseo, organizar unha merenda ao aire libre ou gozar dun aperitivo especial en plena natureza.
Esta cesta inclúe:
- Cesta artesanal de vimbio, feita en Galicia, reutilizable e perfecta para acompañarte nas túas escapadas, perfecta para apañar setas, castañas...
- Mantel individual de cadros Vichy negros, confeccionado por nós mesmos, cun deseño clásico e un toque artesanal.
- Botella de viño tinto Birimbao do Ribeiro, para brindar e acompañar unha boa merenda.
- Queixo Cagiao, un produto galego perfecto para compartir.
- Chourizos de porco celta de Cien por Cel, todo o sabor da tradición gastronómica galega.
- Mariñeiras, ideais para completar unha boa táboa de aperitivos.
Un agasallo diferente que combina artesanía galega, produtos de proximidade e gastronomía tradicional. Unha proposta para desconectar, respirar aire puro e gozar dos pequenos praceres da vida.
Porque non hai nada como unha boa merenda no monte, con produtos da nosa terra e sen présa.
Pedidos por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico
Tamén podes facer o teu pedido cubrindo o seguinte formulario:
Estás pedindo:
Cesta vimbio monte pindo ·
62 €
Podes mercar ou encargar as nosas cestas e caixas gourmet chamando ao +34 606 216 152, enviando unha mensaxe por WhatsApp ou escribindo a etelandpan@gmail.com. Organizaremos todo para que poidas recoller a túa cesta ou para entregala onde nos indiques.
Servizos adicionais
- Engade unha mensaxe personalizada na nosa postal.
- Solicita a factura do teu pedido.
- Déixanos calquera indicación especial que necesites.
Prefires que a enviemos?
Nós encargámonos de todo: o envío, o empaquetado e de que cada cesta & caixa chegue ao seu destino en perfectas condicións. Todas van preparadas con material de recheo, empaquetadas con coidado, adornadas con un lazo e acompañadas dunha postal.
Opcións de envío
- Envíos nacionais: (excepto Baleares e Canarias) mediante Correos Express por só 7 €.
- Envíos gratuítos a partir de 150 €.
- Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee e Corcubión.